Na Galiza chove bastante, menos do que
decía o home do tempo, cando só había un, e en branco e negro. Agora coa meteo,
meteogalicia ou meteostar xa sabemos si vai a chover pola media mañá ou pola
noitiña, e tamén cando vai a escampar. Pero hai outra choiva, que tamén ven de
arriba, pero amarela e coma si viñese do trópico.
A Celulosa ibase a marchar da Ría da
Celulosa no 2018, pero non se vai , e nosa, ELNOSA, seica se vai. Cantas doores de cabeza
tivo o santo Filgueira polo que, dín,
un capricho de Doña Carmen polo afán dos seus collares, ainda que era Empresa
Nacional. O poblado de Celulosas, coma os da colonización de Franco, fixose nun
despacho en Madrid coas casas de costas a estrada, pero eso sí, con unha
capela. Un emigrado do latín, profesor de academia, Alfonso Meijueiro, empezou
a escribir dos danos que facía a Celulosa na saúde e nos cultivos; fixérono
calar e desapareceu. As mulleres que collían os berberechos e ameixas, dicían
que as ameixas que estaban preto do canle de verteduras da fábrica, eran as
mais grandes; as ameixas morreron e non sabemos se algúns correron a mesma sorte. Para tapar o cheiro,verteduras e os
danos, a maquinaria funcionou a tope, nos periódicos, na radio, con premios,
con dávidas par a solidaridade, con concursos para escolares, co patrocinio do
Pontevedra CF, do Teucro….nos carteis de
todas as festas o lado das orquestas, ENCE estaba nas nosas vidas; pero agora
está enchendo a internet, invitando os vecinos a que a visiten, manda carayo, que
van a mellorar a fachada, outra vez, para minimizar el impacto visual; fai dous
anos deronlle a Bandeira Azul a playa de Lourido fronte a ENCE…..todo tan
bucólico e limpo n aterra e no mar …¿que sería de nos sin a presenza de ENCE en todas partes, ademais do fume, do cheiro e das verteduras, día e noite?
Inventase o Medio Ambiente e as
evidencias e denuncias chegan a Europa,
e veñen as sancións. ENCE pinta a súa fachada con golfiños gozando con un azul
do ceo o ou do mar, que por suposto a cotaminación xa engullou, e tal a ledicia
a que dí da fábrica, que case merece ser incluida nas rutas turísticas da vila.
Hai manifestacións contra a presenza de Celulosas que salen de Marín e de
Pontevedra e que se topan fronte a Celulosas ¿cómo serían Pontevedra e Marín
senon estivera Celulosas no medio? Pode que unha grande cidade metropolitana e
con porto, ou dúas grandes cidades. Nos
comercios, si había publicidade da
manifestación, recibíase unha visita dicindo que coidado que alí xa non
comprarían mais algúns traballadores da fábrica.
Algún político en Madrid, dí que da ría de Pontevedra gústalle
todo, ata o cheiro da Celulosa, claro porque ten o seu barco en Portonovo.
Para ir aclarando a
situación cara o 2018, os políticos xa maniobran. A Ley de Costas, ten un
artigo dedicado a continuidade da Celulosa mais aló de 2018. Non costaría moito
o artigo; unha bóa papadela de marísco, bós viños Albariño, Ribeira Sacra e
Ribeiro e algunhas prebendas, po rosado, bon comedor e cos petos cheos, que promoveu a Lei. Agora xa é legal, por eso
o Sr. Feijoo vai levar a continuidade de ENCE o Parlamento, vaina levar, porque
agora ten maioría absoluta, e antes de que se acabe, hai que facer o que convén
¿a quén?
No 2010 todos os grupos politícos do
Parlamento Galego votaron a favor do traslado da papelera. Pero agora temos
unha lei, e vaise quedar, porque os demócratas cumprimos a lei, ainda que
fagamos trampas pa facela e non sexa xusta porque é para uns poucos, para os
que teñen o poder e queren aumentar os seus dividendos.
¿Porque ENCE agora?, porque o PP meteuna na campaña das eleccions municipais. Importa gañar as eleccions como sexa, e a conta de quen sexa. ENCE xa presentou en Madrid a solicitude para a continuidade, e presentouna en Madrid, porque a ENCE ten a súa sede en Madrid, donde paga os seus impostos. O señor Feijoó dixo no Parador de Pontevedra, por certo ¿cantos cartos se emplearon na súa mellora dende que naceu no ano 1955? , que “ENCE es a Pontevedra como PSA Citroen es a Vigo, Inditex a la Coruña y el sector naval en Ferrol”y “que supone el 10% del PIB en una ciudad que tiene el 30% de paro”. Dixo iso en Pontevedra, e ante os pontevedreses, non en Madrid para outras loitas. Xa, non sabemos si son datos reais, son intencións, ou outra cousa, dun señor que dixo en 2009 e 2011 que acabaría co paro en 40 ou 45 días e que non ten nada que ver co paro de Pontevedra.

¿Onde van os cartos de ENCE?, ¿todo para os postos de traballo? A fábrica de Campofrio de Burgos, queimouse pero xa se está a erguer a nova . ENCE pode estar fora da ría e os traballadores non perder o seu posto de traballo, por certo ¿de cantos traballadores estamos a falar, de tantos como a Citroen en Vigo, como se di por dicir algo; ou dos 800 que di a Empresa e mais de 5.000 cos auxiliares?; si en Huelva pecharon e botaron a 249 traballadores e Navía, que e a mais grande, ten 350 traballadores, as contas no cadran; hai poucas cousas que cadren.
Hai moita
xente de Potevedra e moita mais de fora de Pontevedra que daría cartos por ver
a Celulosa fora da súa Ría. A Celulosa, antes Empresa Nacional de Celulosa leva
en Pontevedra dende 1957, a mais antigua de España, e foi inaugurada por Franco
en 1963 coa compaña do Ministro López Bravo. Dicía O NODO, que produciría
100.000 toneladas o ano, e que era unha empresa para o ingreso da España na
Europa! que precisión no cálculo¡ . No 1990 privatizouse o 49% e no 2011 o
restante 51%.
Moito fume con sustancia saiu polas chimeneas
e moitos residuos vertidos polo canel, nestes mais de 50 anos¿
podese imaxinar a paisaxe 75 anos mais? O conflito entre Uruguai e Arxentina dende 2003 cunha crise en 2005, pola construción de dúas papeleiras ao lado dun río, unha de ENCE e outra da Finlandia, obrigou a ENCE a recolocar a fábrica noutro territorio de Uruguai ou a abanadonar ¿ que teñen os uruguaios que non teñan os pontevedreses?

Unha
fábrica construída en terreos públicos, que faise privada sin costar un can, e
que ten que ser devolta os seus primitivos donos cando remata a súa concesión,
terá que reubicarse, como tivo que facer no Uruguai; e si costa cartos,
quitanse dos beneficios de todos estes anos e non das costas dos traballadores
e das xentes de Pontevedra.
Pepe do Campo