Non sei, ni quero, cantos anos
despois, Mogor sigue tendo vida. Eu ía na Semana Santa, cando non chovía. Era
unha boa época para o que se viña sempre a Mogor: a ligar. Pasado o inverno, as
mozas viñan a estudar, quitarse algo de roupa e aproveitar o sol; era pa estar
atento e cando deixaban o libro, chegaba a oportunidade de buscar o éxito;
empezábase polos estudos, despois pola materia e xa se buscaba a conversa mais
doada para abrir o camiño. Recordo o
corpo esculpido con ombros tentadores, cintura de avespa e cadeiras
axeitadas; ese si que era contorna. Tamén as redondeces e o alegre sorriso da
filla dun médico famoso.
Chegados o verán, Pepe Okei e eu tentamos de
ligar con unhas rapazas de Marín; el aplicouse porque a súa moza estaba nun
campamento, e eu volvinme tolo por aquela cabeleira rubia que chegaba ata a
parte de abaixo do bikini. Dous veráns andando dende Mogor ata Marín cantando a
catro “La otra noche bailando estaba con Lola y me dijo que se encontraba muy
sola, que decía que yo ya no la quería y
creía que yo salía con otra…..Los Brincos; cambiámoslle a letra para facela
mais persoal e progresar no proceso do ligue. Pepe deixou a súa moza e eu
queimabame. O final do verán chegou; e elas partiron. Pasados os anos, topei a
rubia de longa melena na terraza da Cafetería Colón, en Cibeles, en Madrid, ela
mostrou interese pero eu ía a buscar a unha de melena rizada que traballaba
preto de alí.
O segundo motivo era o partido de
fútbol. Cando xa a xente ía deixando a praia,
empezaba o partido. Aquelo era area e
sangue. Traballábamos o límite e case sempre acabábamos feridos e a veces con
sangue. Participaban xogadores como Antonio, Delfín Álvarez e Roldán do
Pontevedra e as veces, Ufarte e Amancio que eran os que mais saltaban cando
había unha entrada a ras da area cos dous pés e con todo. Era tal o nivel
físico eixido que Marcel Domingo o adestrador do Pontevedra traía as veces a
plantilla para adestrar descalzos para manterse fortes e duros.
A auga, para nos nunca estivo
fría, era o terceiro motivo, as veces para mostrar as nosas capacidades, por
encima do que dominábamos, para axudar no proceso do ligue; ou para darse un
chapuzo cando o balón saía para auga, ou para finalizar o partido, fora de
noite ou chovese.
Tamén tiñamos deportes náuticos, a chalana de Antonio
o Sapo que a alugábaa; dábache os remos, cobraba por persoa, e medía o tempo, aínda
que non tiña reloxo; o remar un cacho subíanse mais, sempre remábamos por
encima do tempo, pero sempre lle pagábamos demais. Tivo un accidente con repercusión
cerebral pero recuperouse e puxose de axudante de camareiro no chiringo de
Paco. Lembrabase de cando eu era mozo xa cando viña de Madrid e con fillos.
Hoxe dixerónme que está nunha Residencia en Aldán. Tratarei de ir a velo.
Chiringo de Paco
Despois viñamos a familia,
primeiro coas empanadas de miña nai e os filetes empanados, tortilla e pimentos
de Padrón; o ano seguinte a comer no chiringo de Paco, reservando mesa dun día
pa outro, e no último no Merendero, donde estou hoxe tomando polvo e xurelos.
Hoxe de volta a
Cangas dende Pontevedra, diante da asasina do medio ambiente que fai cartos co
fume, co cheiro, e co que verte a Ría de
Pontevedra, digo a Ría da Celulosa, o automóbil
en vez de coller a autovía deixouse caer cara a Marín e Mogor.