domingo, 25 de octubre de 2015

PRAIA DE MOGOR, VERAN DO 21 DE 0UTUBRO.


Non sei, ni quero, cantos anos despois, Mogor sigue tendo vida. Eu ía na Semana Santa, cando non chovía. Era unha boa época para o que se viña sempre a Mogor: a ligar. Pasado o inverno, as mozas viñan a estudar, quitarse algo de roupa e aproveitar o sol; era pa estar atento e cando deixaban o libro, chegaba a oportunidade de buscar o éxito; empezábase polos estudos, despois pola materia e xa se buscaba a conversa mais doada para abrir o camiño. Recordo o  corpo esculpido con ombros tentadores, cintura de avespa e cadeiras axeitadas; ese si que era contorna. Tamén as redondeces e o alegre sorriso da filla dun médico famoso.
 Chegados o verán, Pepe Okei e eu tentamos de ligar con unhas rapazas de Marín; el aplicouse porque a súa moza estaba nun campamento, e eu volvinme tolo por aquela cabeleira rubia que chegaba ata a parte de abaixo do bikini. Dous veráns andando dende Mogor ata Marín cantando a catro “La otra noche bailando estaba con Lola y me dijo que se encontraba muy sola, que decía que yo ya no la quería  y creía que yo salía con otra…..Los Brincos; cambiámoslle a letra para facela mais persoal e progresar no proceso do ligue. Pepe deixou a súa moza e eu queimabame. O final do verán chegou; e elas partiron. Pasados os anos, topei a rubia de longa melena na terraza da Cafetería Colón, en Cibeles, en Madrid, ela mostrou interese pero eu ía a buscar a unha de melena rizada que traballaba preto de alí.

O segundo motivo era o partido de fútbol. Cando xa a xente ía deixando  a praia, empezaba o partido. Aquelo era  area e sangue. Traballábamos o límite e case sempre acabábamos feridos e a veces con sangue. Participaban xogadores como Antonio, Delfín Álvarez e Roldán do Pontevedra e as veces, Ufarte e Amancio que eran os que mais saltaban cando había unha entrada a ras da area cos dous pés e con todo. Era tal o nivel físico eixido que Marcel Domingo o adestrador do Pontevedra traía as veces a plantilla para adestrar descalzos para manterse fortes e duros.

A auga, para nos nunca estivo fría, era o terceiro motivo, as veces para mostrar as nosas capacidades, por encima do que dominábamos, para axudar no proceso do ligue; ou para darse un chapuzo cando o balón saía para auga, ou para finalizar o partido, fora de noite ou chovese.
Tamén tiñamos deportes náuticos, a chalana de Antonio o Sapo que a alugábaa; dábache os remos, cobraba por persoa, e medía o tempo, aínda que non tiña reloxo; o remar un cacho subíanse mais, sempre remábamos por encima do tempo, pero sempre lle pagábamos demais. Tivo un accidente con repercusión cerebral pero recuperouse e puxose de axudante de camareiro no chiringo de Paco. Lembrabase de cando eu era mozo xa cando viña de Madrid e con fillos. Hoxe dixerónme que está nunha Residencia en Aldán. Tratarei de ir a velo.


Chiringo de Paco

Despois viñamos a familia, primeiro coas empanadas de miña nai e os filetes empanados, tortilla e pimentos de Padrón; o ano seguinte a comer no chiringo de Paco, reservando mesa dun día pa outro, e no último no Merendero, donde estou hoxe tomando polvo e xurelos.
Hoxe de  volta a Cangas dende Pontevedra, diante da asasina do medio ambiente que fai cartos co fume, co cheiro, e co que verte a  Ría de Pontevedra, digo a Ría da Celulosa, o automóbil en vez de coller a autovía deixouse caer cara a Marín e Mogor.



 Antes subíamos os petroglifos, hoxe hai un centro de interpretación; antes había chalanas, aprendíamos a remar e facíamos exercicio, hoxe hai unhas atraccións a pedales traídas de Málaga que fan dano a vista.







Mogor sigue sendo o que era, nos non somos o que éramos, pero Mogor e nos seguimos sendo fieis, unha por moitos anos, e outros polo que nos quede.


No hay comentarios:

Publicar un comentario